A Deputación financia con 213.000 euros a finalización da construción do Centro Social Multiusos de Carreira, en Ribeira

02 Setembro 2022

A Deputación da Coruña financiará con 213.101,22 euros o proxecto de finalización do Centro Social Multiusos de Carreira, no Concello de Ribeira, de recente construción e que ten parte das instalacións e envolventes xa executadas.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, asinaron hoxe o convenio polo que a administración provincial destinará 213.101,22 euros, o que supón o 72,09% do custo total do proxecto, que ascende a 295.580,58 euros.

O obxectivo da actuación é finalizar a construción do edificio, quedando listo para a súa posta en funcionamento. Así, os traballos contemplan o remate das instalacións, dos revestimentos interiores e da carpintería interior. Ademais, está prevista a urbanización da contorna mediante a demolición de parte dos muros e da escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis deste espazo público.

Outros artigos

O Concello da Pobra presenta o VII Ciclo Victoriano García Martí

O Concello da Pobra do Caramiñal presentou na mañá deste 14 de abril o VII Ciclo Victoriano García Martí, unha iniciativa xa consolidada no calendario cultural do municipio que rende homenaxe a unha das figuras máis destacadas da súa historia. A programación,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.