Sete novos falecidos en Galicia aumentan a cifra de vítimas de Covid ata as 3.869 desde o estalido da pandemia

18 Agosto 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.615, deles 403 son da área da Coruña, 229 da de Lugo, 271 da de Ourense, 157 da de Pontevedra, 212  da área de Vigo, 212 da de Santiago-Barbanza e 122 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en UCI, 170 en unidades de hospitalización e 1.433 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 667.554 persoas curadas, rexistrándose 3.869 falecementos.  

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 13 de agosto:

Muller de 90 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee

Día 15 de agosto:

Muller de 81 anos, na área sanitaria de Vigo

Home de 68 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee

Home de 89 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras

Home de 71 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Día 16 de agosto:

Muller de 79 anos, na área sanitaria de Vigo

Muller de 86 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

As pesoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.967.360.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.719.550.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid 

Outros artigos

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.