Rock e metal farán vibrar A Pobra co festival Entrebateas

19 Agosto 2022

A música imperará na Pobra do Caramiñal coa quinta edición do Entrebateas, o festival de rock e metal. Tras dous anos de parada por mor da COVID-19, regresa á localidade con diferentes grupos de renome que actuarán a comezos de setembro, na praza Alcalde Segundo Durán, cun cartel organizado conxuntamente entre a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a asociación cultural Xente ás Leiras, coa colaboración doutras entidades.
O ritmo do día 2 virá marcado por Heredeiros da Crus, Rebeliom do Inframundo, Agoraphobia e YOUCANTHIDE, mentres que o día 3 estará protagonizado por Soziedad Alkoholika, Golpe Radikal, Stoned At Pompeii e Hybrid Park.
As entradas aínda se poden adquirir a través da páxina web www.entrebateas.com. O bono para a totalidade do festival ten un prezo final de 30’54 euros, mentres que para cada un dos días se establece nos 20’36 euros.
Como actividade complementaria, Stoned At Pompeii ofrecerá un tributo a Metallica ao abeiro do Sons da Vila, concerto que porá o broche final a esta programación e servirá á súa vez como preparty do Entrebateas. Esta sesión musical arrancará ás 21.00 horas do día 1, na praza Paulino Santos. O acceso é libre, pois o evento busca dinamiza-las contornas das terrazas dos establecementos hostaleiros. A maiores, cómpre lembrar que a comezos de agosto se celebrou unha festa en catamarán pola ría da
Arousa como antesala.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.