Medio Rural mantén a ‘Situación 2’ por proximidade ao núcleo de poboación de Piñeiro en Boiro.
A Consellería do Medio Rural informou ás 19.30 horas que a superficie calcinada no incendio declarado o xoves na parroquia de Cures, en Boiro chegou xa ás 2.000 hectáreas. A alerta pola proximidade do lume ao nucleo de Piñeiro aínda se mantén.
Nas últimas horas parece que mellora a situación o diminuír a velocidade do vento e a entrada de brisa mariña. Pendentes de medidas exactas desde o sistema de medición satelital da NASA e o europeo Copernicus todo apunta que poderiamos sobrepasar xa ás 2..000 hectáreas queimadas.
No lume destes días, aínda activo, traballaron arreo, día e noite, servizos municipais de emerxencias, Protección Civil, policías locais, Garda Civil e bombeiros, complementado os recursos de Medio Rural: tres técnicos, 45 axentes forestais, 87 brigadas, 40 motobombas, catro pas, unha unidade técnica de apoio, 12 avións e nove helicópteros, aos que se sumou na última hora deste venres a Unidade Militar de Emerxencias (UME)
Salientar que preto de 20 efectivos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña están traballando para sufocar o incendio forestal orixinado en Cures, no concello de Boiro. O deputado responsable da área de Emerxencias, Blas García, desprazouse, esta mañá, ata o Posto de Mando Avanzado (PMA) de Ribeira, desde onde se están centralizando todas as tarefas para extinguir o lume.
García enxalzou o “papel fundamental” que se está realizando desde o Consorcio Provincial para minimizar os danos do lume. Nas tarefas de extinción están intervindo bombeiros de Boiro, Ribeira, Betanzos, Cee e, ademais, está prevista tamén a chegada de efectivos do parque de Arzúa. García agradeceu “o enorme esforzo que están realizando para minimizar os danos”.
O deputado provincial incidiu en que a “colaboración e cooperación entre as distintas administracións é fundamental para garantir unha mellor extinción e prevención de incendios”.
O lume iniciouse no municipio boirense, estendéndose aos da Pobra do Caramiñal e Ribeira, e afectando a unhas 1.200 hectáreas de monte ata o de agor
EVOLUCION DO LUME
NAS ÚLTIMAS 24 HORAS:
O LUME HOXE:
Pola súa banda Alfonso Rueda, presidente da Xunta, acudiu este sábado ao Centro de Coordinación Central de Incendios, situado en Santiago, para seguir os labores de extinción dos incendios que seguen activos en Galicia. A través dunha publicación en Twitter, Rueda trasladou o seu apoio ás persoas que sofren os incendios e aos profesionais e efectivos que os combaten.