Falece un bombeiro en prácticas en Santiago atropelado por un autobús nun operativo de extinción. Era o seu primeiro día

30 Agosto 2022
O falecido estaba como observador e este era o seu primeiro día de traballo

Os servizos sanitarios trataron de reanimar ao traballador no punto, sen éxito.

Os Bombeiros de Santiago acudiran ao lugar da Cacharela, na parroquia compostelá de San Martiño de Aríns, alertados polo 112 Galicia dun lume que se orixinara nun autobús de liña urbana sen pasaxeiros. O condutor estaba tratando de apagar o incendio, que comezaba a descontrolarse.

Os servizos de emerxencias que traballaban no punto informan de que o autobús, que aínda seguía en chamas nese momento, precipitouse cara o camión de bombeiros, deixando ao finalmente falecido entre os dous vehículos.

Dende o 112 deuse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Namentres, os compañeiros sacárano, ferido de gravidade, e tentaron reanimalo. Outros traballadores seguían tratando de apagar as lapas que aínda quedaban acesas.

Participaron no operativo, ademais dos servizos sanitarios e os Bombeiros, a Policía Local e Protección Civil de Santiago.

Comunicado do Concello de Santiago:

Ás 8.00 h da mañá de hoxe, martes 30 de agosto, o parque de Bombeiros recibe aviso por mor dun incendio nun autobús da empresa Rías Baixas, que presta servizo para o Concello, na parroquia de Aríns, lugar da Cacharela, e que nese momento se atopaba baleiro.

Ás 8.20 h os bombeiros chegan ao lugar e cando están montando o operativo para proceder a apagar o incendio, de forma sorpresiva, o autobús desprázase e atropela a un bombeiro en prácticas que estaba de observador, sen intervir no dispositivo.

A pesar da rápida intervención dos servizos sanitarios non foi posible a súa reanimación.

O Concello de Santiago lamenta profundamente este tráxico suceso e únese á dor da familia, dos seus compañeiros e amigos

Outros artigos

Mércores 4, nubes e claros con lixeira suba da temperatura

O mércores teremos néboas e nubes baixas en comarcas do interior, co avance do día irá quedando o ceo moi aberto en xeral con nubosidade de tipo alto. Pola noite volveranse cubrir os ceos polo oeste da Comunidade. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

“El Fiscal y la corrupción”. José Castro López

José Castro LópezLa semana pasada “enriquecí” mi carpeta de noticias raras y curiosas incorporando unanueva que, si me la cuentan y no la veo publicada en medios serios, no la hubieracreído: “El Fiscal General del Estado y el ministro presidente de la Comisión Federal...