Os participantes no Obradoiro de Emprego Serra do Barbanza reciben os seus diplomas

10 Agosto 2022

Logo de doce meses de andaina formativa un total de 12 mozos e mozas pertencentes aos municipios de Ribeira e Porto do Son remataron este 10 de agosto, oficialmente, o Obradoiro de Emprego Serra do Barbanza. O acto de clausura e a entrega de diplomas celebráronse no Centro Cultural Lustres Rivas, que contou coa participación da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz e da primeira tenente de alcalde de Porto do Son, María Maneiro.

Tanto Manuel Ruiz como María Maneiro destacaron a alianza que están a vivir ambos municipios, con oito obradoiros de emprego xa desenvolvidos en común: os sete de Tahúme (xa está confirmada unha oitava edición) e o deste Serra do Barbanza que estivo especializado en pavimentado e albanelería de urbanización. Tamén agradeceron a colaboración da Xunta e desexaron ao alumnado unha rápida inserción laboral nun sector, o da construción, “que está demandando moito persoal cualificado”, sinalaron.

Tamén a conselleira María Jesús Lorenzana salientou “a oportunidade que supuxo o obradoiro para formarse nun sector que agora está entre os que máis traballadores demanda na comunidade autónoma” e lembrou que a construción, que representa un 6,5% do PIB en Galicia, veu aumentadas as afiliacións á seguridade social nun 3,9% nun durante o primeiro trimestre do 2022. Ademais, aludiu á colaboración existente entre dous concellos veciños como son Porto do Son e Ribeira e deu os parabéns aos asistentes a Serra do Barbanza por ter chegado ao final da súa formación.

Cómpre informar de que entre os labores levados a cabo no noso municipio figurou a construción de beirarrúas na contorna do colexio Pé do Corniño, na parroquia de Carreira.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...