Ofrenda floral e exposición do bosquexo dunha escultura polo Día da Galiza Mártir na Pobra

16 Agosto 2022

A Pobra do Caramiñal será escenario de dous actos conmemorativos no 17 de agosto, Día da Galiza
Mártir. Primeiramente, efectuarase ás 12.30 horas a tradicional ofrenda floral na rúa Alexandre Bóveda, situada nas inmediacións da casa consistorial. Deseguido, arredor das 13.00 horas, os Xardíns de Valle-
Inclán acollerán a exposición do bosquexo da escultura pola memoria histórica elaborada por Manuel Teira, a cal está previsto que se inaugure en novembro.
Esta programación impúlsase dende a Concellaría da Memoria Histórica, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), como a posta en valor dunha data que, se ben se asocia á figura de Alexandre Bóveda, tamén supón unha homenaxe a tódalas persoas represaliadas polo franquismo. O cartel iniciouse xa no día 9 coa representación de A señora de Forcadela, a cargo da compañía teatral Os Quinquilláns, e concluirá no día 25 coa proxección do filme Reboiras. Acción e corazón, de Alberte Mera.
Esta última cita desenvolverase no teatro cine Elma, ás 20.00 horas. A dita longametraxe leva á pantalla un retrato de Moncho Reboiras dende a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de entrevistas a 28 testemuñas que compartiron con el distintas etapas da súa traxectoria vital. Inclúe, ademais, filmacións históricas e revive as súas últimas horas mediante secuencias de ficción.
A entrada a todas estas actividades é libre ata completa-la cabida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.