O lume nunha cheminea orixinou o incendio de Cures

10 Agosto 2022

Os primeiros informes suxiren que o incendio da Serra do Barbanza, que acabou saltando aos municipios veciños da Pobra do Caramiñal e Ribeira, tivo a súa orixe nun domicilio particular.

O lume atópase estabilizado, pero non extinguido. 15 avións, 12 helicópteros, 177 brigadas, 98 motobombas, 10 pas e 102 axentes traballaron no terreo.
O incendio forestal do Barbanza que arrasa unhas 2.200 hectáreas, iniciouse na cheminea dunha vivenda particular, segundo a investigación realizada pola Policía Autonómica.
Así o confirma a Vicepresidencia Segunda da Xunta despois de que La Voz de Galicia adiantase esta información na súa edición deste mércores. O atestado da investigación foi remitido ás autoridades xudiciais, de modo que o asunto atópase xudicializado.

Entre outros medios, traballaron para a súa extinción: 15 avións, 12 helicópteros, 177 brigadas, 98 motobombas, 10 pas e 102 axentes.

Ao fondo o Miradoiro da Curota e cafetería. Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.