O Día do Deporte na Rúa festéxase na Pobra no 26 de agosto

19 Agosto 2022

O deporte tomará as rúas da Pobra do Caramiñal no 26 de agosto nun día dedicado ás distintas
disciplinas e a fomenta-la actividade física nas novas xeracións, segundo explica a titular desta área, Genoveva Hermo (Nós Pobra). A acción focalizarase na praza Alcalde Segundo Durán, nas pistas do Castelo e no pantalán fronte ao Club de Remo Puebla, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas.
Dirixido a crianzas con idades comprendidas entre os 7 e 12 anos, impartiranse as seguintes modalidades da man de clubs locais e monitorado da Concellaría dos Deportes: atletismo, fútbol 3×3, baloncesto
3×3, remo, artes marciais, xadrez, tenis, tenis de mesa, bádminton, voleibol, hóckey e acrobacias, ademais de divertidos xogos. A participación é de balde e non se require a inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.