Estabilizado o lume de Boiro, xa non quedan incendios activos en Galicia

08 Agosto 2022

O incendio forestal que o pasado xoves se orixinou en Cures, en Boiro, e estendeuse aos municipios lindeiros de Ribeira e A Pobra quedou estabilizado ás 12:28 horas deste luns tras calcinar 2.200 hectáreas, de maneira que non quedan xa lumes activos en Galicia.

Outro dos que inquietaban, o de Xustáns, en Ponte Caldelas, que queimou 380 hectáreas, está controlado desde as 12:05. En Saiar, en Caldas, atópase controlado un incendio con 450 hectáreas devastadas.

E en Verín está controlado desde as 11:51 desta xornada un lume que arrasou con 600 hectáreas e que se iniciou nunha decena de focos diferentes simultáneos entre si.

A evolución dos incendios empeza cos lumes activos, que despois pasan a estabilizados, seguen a controlados e conclúen cando están extinguidos.

Medio Rural lembra que está ao dispor da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

ZONA AFECTADA POLO INCENDIO

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.