Asier Martís mestura Raíces e augarrás nunha exposición na casa da cultura da Pobra

05 Agosto 2022

A casa da cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal conta cunha nova exposición
pictórica: Raíces e augarrás, de Asier Martís García-Echave. A través de 30 cadros nos que predominan retratos, paisaxes e tradicións ao óleo, o autor rende homenaxe á localidade pola proximidade e agarimo que sempre lle trasladou a súa xente ao non ser galego de nacenza, se ben é certo que ten un vínculo sanguíneo con esta terra, por iso decidiu mesturar a súa orixe, as súas raíces, coa arte.
Amenizado por Arrancadeira, no acto inaugural que tivo lugar na tarde deste 5 de agosto, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), expresou o seu agradecemento por estas obras que reflicten a veciñanza e lugares emblemáticos coma, por exemplo, a escultura da Pescantina.
Tamén augurou que, de seguro, esta exhibición incrementará a boa estima que o artista ten pola xente da Pobra e sentirá máis a súa calor.
As visitas poden efectuarse ata finais de mes, de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.