As novas tecnolóxicas do día de Código Cero.18 agosto

18 Agosto 2022
A Deputación de Pontevedra e ASIME impulsan un revolucionario proxecto para combater a fenda de xénero tecnolóxica

A Deputación de Pontevedra e ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas) asinaron un convenio para situar a provincia e Galicia na vangarda da loita contra a fenda de xénero de índole STEAM e industrial. Trátase do proxecto Tecnolóxicas, co que as dúas entidades buscan tamén impulsar unha cultura do talento feminino tecnolóxico así como dar visibilidade para atraer ás mozas ás carreiras STEAM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática). Nesta primeira edición, Tecnolóxicas desenvolverase ata o 2023 e conta cun orzamento que supera os 200.000 euros, dos que a institución provincial achegará 135.728.[ler máis]
Asus presenta un adaptador para aproveitar o cable da antena de televisión para datos
Asus anunciou estes días un produto moi interesante para certos fogares que teñen problemas para gozar dunha boa rede Wi-Fi e queiran ter unha boa conexión por cable aproveitando a instalación que xa teñan da antena de televisión. Falamos do adaptador MoCA Asus MA-25, que converte o cable coaxial en Ethernet, permitindo unhas velocidades de até 2,5 Gbps e permitindo engadir dispositivos á rede creada con so premer un botón (dun xeito semellante a como funciona o WPS nas redes sen fíos). Esta solución tamén conta cunha latencia reducida, polo que sería apta para gozar de videoxogos.[
ler máis]










 
· Logitech lanza uns auriculares para Meta Quest 2
· Os altofalantes WONDERBOOM 3 presumen de autonomía e alcance Bluetooth
· Lowi mellora as súas tarifas· O DOG publica a convocatoria dos bonos dixitais no marco do programa ÚNICO-Bono Social
· Máis de 700 empresas acoden á Cámara da Coruña para avanzar nos seus procesos de dixitalización
· O Goberno apoia á Xunta con 27,3 millóns para dixitalizar e modernizar a Administración autonómica
· O Campamento Tecnolóxico de Rianxo formou unha importante canteira de expertos en prrogramación
· O Lérez Up conveterá Pontevedra na capital dos videoxogos e a cultura friqui














Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.