Aberto o prazo de inscrición da VII Andaina Solidaria- CONGALSA, que estrea formato híbrido. Santa Uxía celebra tamén a camiñata

25 Agosto 2022

CONGALSA (empresa especializada en alimentación con sede na Pobra do Caramiñal) ten aberto o prazo de inscrición para unha das súas accións benéficas máis consolidadas: a súa Andaina Solidaria. Tratase dunha iniciativa que este ano alcanza a súa VII edición e que estrea formato híbrido neste contexto postCOVID: poderá realizarse de maneira presencial, na xornada do 11 de setembro, ou virtualmente (coma nos dous anos anteriores) entre o 1 e o 10 de setembro.

O prazo xa está aberto e as persoas interesadas poderán inscribirse até o vindeiro 31 de agosto. Para facelo, é necesario acceder á web de CONGALSA e entrar na ligazón habilitada para iso (www.deporticket.com), completando o formulario e abonando a cota de inscrición. Tamén é posíbel colaborar economicamente coa iniciativa sen ter que realizar a andaina, a través da adquisición do denominado dorsal número 0.

Cota solidaria

CONGALSA explica que “para realizar a andaina virtual, non existe límite de participantes”. Porén, para a presencial fixouse un tope máximo de 250 persoas. Os primeiros deberán abonar unha cota de catro euros e os segundos de tres e depositar un quilo ou litro de alimento non perecedoiro o día da andaina. CONGALSA doará todas as contribucións solidarias económicas, así como os alimentos, e converterá en euros todos os quilómetros realizados. Todo o recadado irá parar ás familias máis necesitadas da comarca do Barbanza. A andaina está aberta non só aos traballadores da empresa, senón tamén aos seus familiares, amigos, a representantes de entidades colaboradoras e a toda aquela persoa que queira colaborar, con independencia da súa localización xeográfica.

Santa Uxía e a Andaina Solidaria

O día anterior o 10 de setembro Cáritas Ribeira organizará tamén a versión local da Andaina Solidaria- CONGALSA. O percorrido físico durará nove quilómetros e realizarase desde o Faro de Corrubedo ata a igrexa Parroquial de Ribeira, contando coa colaboración da ONG católica. A marcha empezará ás 8.30 da mañá do sábado 10 no Faro e percorrerá uuns 20 quilómetros, podendo os que o desexen facelo percorrido desde a Capela da Guía. Inscrición en caritasriveira@gmail.com con nome, apelidos, data de nacemento, DNi e teléfono.

Unha vez inscrito, cada participante recibirá por correo electrónico o seu dorsal, a ligazón para descargar a aplicación móbil, que rexistrará os quilómetros realizados, e un formulario ao que poderá remitir a súa fotografía co dorsal. A compañía realizará un vídeo conmemorativo da iniciativa, con imaxes dos participantes, que divulgará en diferentes canles corporativas.

Outros artigos

Unha saída de vía en Ribeira deixou dúas mulleres feridas

Os equipos de emerxencias axudaron a saír ás implicadas, que foron evacuadas ao Hospital do Barbanza. Dotacións de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira interviron en accidente no Concello de Ribeira. Dez minutos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

“Una bella cierta historia de amor” – Manuel Domínguez

Todos sabemos que la historia de Romeo y Julieta es una novela, de W Shakespeare Pero la hermosa historia de amor entre Pedro I rey de Portugal y la gallega, Inés de Castro, es realmente dolorosamente y admirablemente cierta Por temor a que los hijos de Inés,...