A Pobra inaugura o mes de agosto con tres espectáculos

01 Agosto 2022

O Concello da Pobra do Caramiiñal compartiu a súa axenda cultural para este inicio de agosto, un programa de novas citas culturais abeiradas á programación de verán dirixida ao público familiar impulsada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

A función O estraño caso do dentista da rúa Brasov inaugura o mes de agosto desprazándose polo centro da localidade no día 2 para dar a coñecer, con maxia e clown, a peculiar historia dun odontólogo de Europa do leste que percorre co seu carromato pobos e cidades buscando clientes para a súa singular consulta ambulante. Comezará co seu itinerario ás 20.30 horas.

No día 4, a partir das 18.30 horas, A Eira do Paporrubio trasladará ao Cantón da Leña un espectáculo-taller con xogos de toda clase e monicreques que incitan a converter ás persoas asistentes en fabuladoras, en creadoras.

E, na xornada seguinte, día 5, o Mago Richard interpretará unha serie de efectos máxicos extraídos do seu repertorio dos últimos 30 anos que sorprenderán ao público de tódalas idades. Será das 20.30 horas en diante, no Cantón da Leña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.