A Feira Artemar de Ribeira chega á súa segunda xornada con mancheas de postos, obradoiros e actividades

19 Agosto 2022

A Feira Artemar de Ribeira chegou este 19 de agosto á segunda xornada. Cento de veciños e visitantes desfrutaron neste día dos numerosos atractivos dunha Feira Artesanal e Mariñeira que abriu as súas portas na tarde de onte cun cento de stands e un amplísimo programa de actividades lúdicas.

Produtos de alimentación, artesanía, xoguetes, especies, instrumentos musicais, perfumería, etc. forman parte da diversidade de artigos que se poden mercar nas rúas de Galicia, Rosalía de Castro, Santa Uxía, Porta do Sol e praza do Concello, lugares onde haberá variados obradoiros en vivo demostrativos de oficios como os das redeiras, actividades infantís e contacontos, amais dos espectáculos nocturnos que se celebrarán na praza do Concello, punto no que tivo lugar onte pola noite o pregón inaugural da man de La Fragua de Vulcano tras as palabras introdutorias do alcalde.

A continuación actuaron os grupos As Sivalveiras de Corrubedo e as Garridiñas de Castiñeiras da Asociación Amas de Casa.

Cómpre lembrar que este ano contarase novamente coa implicación das asociacións Ribeira escríbese con V e  Asociación de Amas de Casa que colaborarán durante os días da feira con distintas actividades así como coa colectividade de artistas que mostrarán cadansúas obras na Tenda Galería O Faiado.

O peche da feira será o domingo 21 co gran sorteo ás nove e media na praza do Concello e o conxuro da Queimada, con degustación gratuíta ata esgotar existencias.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.