Política Lingüística programa 400 actividades a través do repositorio de proxectos dixitais e presenciais Tece Redes

21 Xullo 2022

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, programa este verán 300 actividades familiares, xuvenís e infantís coa campaña Tece Redes en galego, o novo repositorio de proxectos dixitais e servizos presenciais creado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, que o Goberno galego pon en marcha cun orzamento de máis dun millón de euros.

A programación, na que participan ata 150 entidades e que chegará a diferentes localizacións da Comunidade, foi presentada este 21 de xullo polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que apuntou que os proxectos impulsados “encherán o verán de Galicia de actividades dirixidas case na súa totalidade ao público familiar, infantil e xuvenil, xerando así un contorno de complicidade na transmisión da lingua no seo da familia e dando a coñecer o galego desde un punto de vista lúdico”.

No acto tamén participaron membros dalgunha das entidades que forman parte da iniciativa como o técnico e xestor da empresa Mr. Misto, Miguel Eiré, que proxectará o filme Bella e levará a cabo espectáculos de circo máxico; a xestora da empresa Urdime Cristina Fiaño, que organiza o espectáculo Festa Miúda e o actor e director Inacio Vilariño, da empresa Fantoches Baj, responsable do espectáculo O tranvía Leonardo.

A nova campaña TeCe Redes acolle tanto os proxectos presenciais como dixitais, que complementan a oferta no Portal da Lingua de Política Lingüística, como os mixtos, nos que se mesturan ambas modalidades, ou os que se realizan de xeito presencial. Todos eles inclúense no coñecido programa de dinamización do uso da lingua galega FalaRedes, en activo durante o ano.

Entre as accións programadas inclúense proxeccións na rúa, como a dos filmes de produción galega Valentina ou Bella e o circo máxico, espectáculos como O tranvía Leonardo, con monicreques e música; Toupiciencia Show e Lendo a Ciencia: Festiencia & Festiletras, nos que se fomenta a divulgación científica en galego; O porco de pé, que leva ao teatro a novela de Vicente Risco, ou Xela contra o dragón Traga-verbas, espectáculo que trata a importancia do uso cotián da lingua galega e da conservación da nosa identidade. Non faltará a familia de Os Bolechas, que percorrerán as nosas rúas con distintos shows de monicreques, pasacalles e actividades interactivas.

As entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística, ademais destas accións presentadas, contaron con moitas outras actividades da man do FalaRedes, que desde primavera entretivo o tempo de lecer dos máis pequenos e da mocidade con máis de 40 sesións de oito actividades variadas e que continúan durante o verán.

Grazas a esta campaña as rúas de Galicia encheranse de actuacións musicais da man de artistas galegos de renome como Lucía Pérez, Xacarandaina, SÉS, María do Ceo, Terbutalina, Susana Seivane, A Roda, A Banda da Loba, Roi Casal, Antonio Barros e Ialma, Antonio Luz, os grupos DOUS-Fernando Abreu & Pablo Carrera e o de Percusión ODAIKO e o espectáculo Queiman Folki do Bruxo Queiman. Tamén se realizarán os concertos do xa coñecido ciclo Novas Músicas en Galego no marco do festival Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 que terá lugar este setembro no Monte do Gozo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...