Outes redactará un plan para a implementación dos obxectivos de desenvolvemento sustentábel

12 Xullo 2022

Outes será un dos sete concellos de Galicia que redactará un Plan Municipal para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais de Outes tamén foron seleccionados A Guarda, As Pontes, Guitiriz, Nigrán, Verín e Viveiro.

Segundo informou o Concello, a realización deste plan “permitirá facer unha diagnose sobre a situación actual do municipio con respecto á súa contribución e aliñamento cos ODS e á Axenda 2030, tanto a nivel de estratexias municipais, como de aplicación real a medio e longo prazo”. Esta diagnose inicial servirá como “guía e referencia á hora de elaborar o Plan Municipal de Implementación dos ODS, e unha serie de accións de comunicación e sensibilización aos colectivos sociais e á cidadanía en xeral”, engadiron fontes do Consistorio.

Segundo explicou o alcalde, Manuel González, “a idea é recoller información relevante e promover a colaboración e interese desde o comezo polo que a metodoloxía de traballo será eminentemente participativa”. González López detallou que “se realizarán entrevistas tanto ao persoal técnico municipal como a entidades e asociacións do municipio”. A idea, engadiu, é “que tanto as administracións públicas como as organizacións sociais poidan incorporar o Plan de Acción resultante dos estudos feitos”.

O rexedor outense asegura que se farán tamén unha serie de vídeos explicando proxectos en desenvolvemento e unha xoranda final que permita sensibilizar aos axentes municipais sobre a necesidade de cumprir coa Axenda 2030. “Buscamos que o documento sexa unha ferramenta útil e aplicable a medio e longo prazo marcando metas e obxectivos concretos para acadar unha sociedade máis sostible e preservar o planeta para as xeracións futuras”, concluíu.,

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...