Outes instala luminarias sustentábeis en Ponte Nafonso e mellora a estética das torres da Horta do Muíño

28 Xullo 2022

O Concello de Outes vén de compartir nas redes sociais o resultado de dúas intervencións realizadas para mellorar a sustentabilidade, a estética e o impacto visual de varios equipamentos. Unha destas intervencións realizouse no paseo de Ponte Nafonso, onde o Concello habilitou luminarias novas grazas ao proxecto municipal de aforro enerxético. A través deste proxecto substitúense os farois anteriores, de maior consumo, por un número moi inferior das novas, co que “o aforro é significativamente maior”.

Amais, co obxectivo de paliar o impacto paisaxístico creado polas torres de media tensión situadas na Horta do Muíño, levouse a cabo unha intervención artística para mellorar a súa integración no medio. Os traballos foron desenvolvidos por Ali Vava.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...