O Concello de Dodro expresa o seu malestar por non ser invitado á reunión de presentación do proxecto de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón

O concello de Dodro expresa o seu malestar por non ser invitado á reunión de presentación do
proxecto de rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón despois de todas as xestións
realizadas polo actual goberno.
Diante da información publicada pola Xunta de Galicia sobre o arranxo do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
esta mañá, o concello de Dodro quere informar do seguinte a respecto do traballo desenvolvido polo
grupo de goberno para que a rehabilitación do noso centro sexa unha realidade.
2019
• 7 de agosto, solicitude de reunión coa Secretaría Xeral Técnica (sxt) Da Consellería de
Educación.
• 19 de setembro , reunión do alcalde de Dodro Xabier Castro, o concelleiro de educación Abel
Tarrío e a representante da ANPA Natalia Romero co Secretario Xeral Técnico da Consellería de
Educación onde se lle fai chegar un informe feito polo arquitecto municipal do estado do centro.
“O estar tan avanzado o 2019 xa non entra a súa revisión para executar no ano 2020”
• 10 de outubro , aprobación en pleno por parte do goberno da solicitude de inclusión do CPI
Eusebio Lorenzo Baleirón no Plan de Dotacións Educativas 2016-2021, coa abstención do PP.
2020
• 24 de febreiro , solicitude dunha nova reunión coa sxt para tratar o arranxo do CPI, e este ano
si entre en prazo.
• 18 de maio (en plena pandemia polo coronavirus) remítese carta a sxt para que se esta non se
pode producir, que as unidades técnicas da Consellería visiten o colexio para emitir informe.
• 25 de maio , visita o CPI unha unidade técnica, a que acompaña o Concelleiro de obras, o de
educación e a dirección do centro, para emitir un informe do seu estado actual.
• Outubro, desde a ANPA, a Dirección do CPI e o goberno municipal envíase carta a sxt
solicitando información do arranxo do CPI, en que situación se encontra de tramitación,
inclusión…
• 20 de outubro, solicitude de nova reunión coa sxt tralos cambios dentro da propia Consellería
de Educación.
• 10 de novembro, confirmación da reunión para tratar o arranxo do CPI, pero desta vez coa
Subdirección Xeral de Construcións e Equipamentos da remodelada Consellería de Cultura,
Educación e Universidade.
• 20 de novembro, reunión coa Subdirección Xeral de Construcións e Equipamentos, a cal acude
o alcalde e o concelleiro de educación onde nos transmiten que coñecen a realidade do centro e
nos remiten aos orzamentos da xunta do 2021 haber se sae reflexado o noso centro.
2021
• 8 de xaneiro , conversa telefónica coa Subdirección Xeral de Construcións e Equipamentos
María Jesús López López . Esta informa que en base a criterios de antigüidade, necesidade e
número de alumnos o noso centro está en nivel de prioridade 2 e polo tanto non vai neste 2021,
pois acometeranse arranxos e reformas naqueles de prioridade 1.
• 16 de febreiro, solicitude de reunión co novo responsable da Secretaría Xeral Técnica da
Consellería, vía correo electrónico e por teléfono.
• 27 de abril, reunión coa SXT por vídeo-conferencia, onde se nos explica que se valorará en
función das necesidades dos centros e dos fondos dos que dispoña a Consellería, en conxunto
con outros centros da provincia.
• 13 de agosto visita o CPI unha arquitecta encargada pola Consellería para examinar o centro e
redactar un proxecto, as visitas repítense no mes de setembro.
• Última semana de agosto, nova visita da arquitecta para tomar novas medidas do CPI.
• 11 de novembro, chamada e envío de correo a Subdirección Xeral de Construcións e
Equipamento para preguntar se foi presentado o proxecto pola arquitecta, e de ser presentado,
si se tomou algunha decisión co noso centro. Sen resposta.
2022

• 13 de xaneiro solicitude de reunión coa Secretaría Xeral Técnica (sxt) Da Consellería de
Educación.
• 17 de febreiro reunión con Manuel Vila López, Secretario Xeral Técnico (sxt) da Consellería de
Educación onde asisten o alcalde Xabier Castro e o concelleiro de educación Abel Tarrío. Teñen
o proxecto, ten que revisalo e fiscalizalo a Consellería e despois será remitido o concello para a
súa revisión. Está o proceso avanzado, pero non poden dar datas. Quedamos en contactar en
abril para ver o mesmo.
• 22 febreiro. As unidades técnicas da Consellería visitan o CPI para recoller facturas de luz (que
se lle fan chegar desde o concello ó centro) e facturas de gas oíl… revisando puntos de luz… con
motivo da mellora da eficiencia enerxética do edificio.
• 3 maio, chamada a Elena Barca Ramos, Vicesecretaria Xeral da Consellería de Educación para
preguntar polo proxecto, se foi revisado e se o podemos ver. Comentan que xa foi firmado por
ela e que a semana anterior foi solicitada a licencia municipal para a inversión de 1.456.387,51 €
no CPI. Confirmado coa persoa responsable do rexistro que a última semana de abril foi
rexistrada esa solicitude de licencia. Elena Barcia fai chegar o proxecto ao concello de Dodro.
O goberno do concello de Dodro mantivo sempre unha comunicación aberta e transparente dos pasos
dados, tanto coa Asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) coma coa dirección do centro, así
como a máxima lealdade institucional coa Consellería de Educación, e a súa Secretaría Xeral Técnica.
O goberno do concello de Dodro quere manifestar o seu malestar por non ser informado nin invitado a
reunión que o Delegado da Xunta e persoal da Consellería mantivo coa dirección do centro onde se
informou da rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón e dos posibles prazos de execución.
O goberno de Dodro non fixo público en ningún momento a intención da rehabilitación do centro á
espera de que fora a propia Consellería a que o fixera, como mostra de lealdade institucional, a pesar
de ter documentos que así o acreditaban.
Solicitamos da Consellería de Educación a mesma lealdade institucional que ten demostrado o concello
de Dodro.
Ante estes feitos o concello de Dodro solicitou unha explicación destes feitos.
E por último so queda dicir que SI, o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón será rehabilitado, e a educación en
Dodro dará un paso adiante na súa calidade educativa, liña marcada por este goberno Municipal desde
a súa chegada.
O goberno de Dodro quere agradecer ANPA e o Centro a súa colaboración no traballo desenvolvido
durante estes tres anos que por fin dan os seus froitos.