Na Pobra música e malabares para dar a benvida á programación cultural do verán para público familiar

11 Xullo 2022

As propostas culturais para este verán dirixidas a público familiar darán comezo nesta mesma
semana na Pobra do Caramiñal.
Guagua Teatro estreará o cartel no 12 de xullo con Cantabaila. Imos de festa co obxectivo de pasar un tempo divertido en familia a través de animación con base musical e teatral.
A seguir, no día 14, Fran Boza achegará o seu espectáculo de gran calidade técnica baseado nos malabares e no circo clásico chamado Malabarabilidades.
Ámbalas citas serán ás 20.30 horas, no Cantón da Leña. A programación consta dun total de catorce actividades de balde que se repartirán aolongo dos meses de xullo e agosto organizadas pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...