Na Pobra Ambar inaugurou a escultura creada con Óscar Aldonza

31 Xullo 2022

O mercado de Abastos da Pobra foi hoxe o escenario para a presentación da peza escultórica creada con Óscar Aldonza para ‘Mar Diverso’ , o festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, financiado polo GALP da Ría de Arousa.
O escultor estivo traballando co grupo de artesás e artesáns formado por Santiago Fernández, María Otero, Fran Romero, Óscar Pérez, Sonia Piñeiro e Julio Piñeiro que impulsan no seu día a día a área de produtos solidarios de Ambar.

Presentou o acto Zeltia Iglesias, técnica de inclusión e coordinadora do proxecto Mar Diverso.

O equipo de Vaciocero foi o encargado de realizar a apertura da xornada xunto coa colaboración do grupo de artistas de Ambar e voluntarios do público que se animaron a participar na obra. Realizaron unha acción colaborativa cunhas pezas plásticas creadas previamente nas sesións de traballo en Ambar.

Seguindo a acción colaborativa, Alexandra R. Rey, integrante do equipo de Vaciocero, explicou o sentido e a intención da obra artística. “É un pequeno gran proxecto feito ca familia Ambar. Con esta experiencia nós aprendemos de cada unha das sesións de traballo, esta instalación é a parte final da nosa peza, nós
compoñemos o patrimonio e este tamén nos compón a nós.” Declarou Alexandra.
A continuación Óscar Aldonza e o equipo de arte de Ambar presentaron a súa obra escultórica “Encantoume ver o punto de vista que teñen as persoas usuarias de Ambar, xuntámonos para crear un relieve escultórico que é un mar cheo de vida e con el queremos reivindicar a defensa da natureza” explicaba o artista.
Rematou agradecendo á familia Ambar por abrir camiño e que a sociedade vexa o potencial artístico que reside na diversidade. “Esta é unha acción moi positiva, espero que teñamos moito máis Mar Diverso”. Afirmaba Aldonza.

Seguiulle Milagros Rey, presidenta de Ambar, agradecendo ao Concello da Pobra pola boa acollida “Especialmente a Xosé Lois que nos facilitou todo para levalo a cabo” comentou a presidenta. Deu agradecementos ao Fondo Europeo Marítimo de Pesca e ao GALP da Ría de Arousa por patrocinar Mar Diverso, tamén a Zeltia Iglesias e aos voluntarios que axudaron no proceso. “Esperamos volver con máis
Mar Diverso.” puntualizou Milagros Rey.

Zeltia Iglesias deulle a palabra Xosé Lois Piñeiro . “Esto faise para promocionar a idea de conservación da diversidade dos nosos espazos naturais, para que teñamos presente a necesidade de respetar, conservar e de ser sostibles. Grazas Asociación Ambar por facernos reflexionar. Espero que Mar Diverso se repita para o ano como sexa.” Xose Lois Piñeiro, alcalde da Pobra.

Esta foi a última xornada coa que se pecha o festival Mar Diverso, o cal iniciou a ruta en Cambados, seguindo por Boiro, Rianxo, A Illa de Arousa, Ribeira e rematou esta mesma mañá no Concello da Pobra.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...