Na Pobra a mostra Fraxilidade permanecerá na Casa da Cultura ata finais de mes

01 Xullo 2022

Unha nova exposición pictórica recala dende hoxe mesmo e ata o 29 de xullo na casa da cultura
Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. Un total de 22 cadros integran a colección Fraxilidade, de Manuel Rodríguez Varela, mediante a cal o autor reflexiona sobre esta condición que posúen moitos aspectos da vida en xeral, polo que, a temática desta selección de tintas resulta variada: a xuventude, o amor, a beleza, a natureza…
Durante o acto inaugural, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG- PSOE), felicitou ao artista por esta serie que transmite tamén a necesidade de valorar o cotiá e a importancia de que o ser humano amose
a súa verdadeira esencia. Así mesmo, a edil fixo fincapé no compromiso da Administración local de apoia-lo talento nos diferentes vehículos de expresión artística.
A mostra pode contemplarse de luns a venres, en horario de 11.00 a 13.30 e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.