Igualdade da Deputación estrea na Rede “Fado para Samuel”

07 Xullo 2022

O vídeo de Fado para Samuel, a canción composta polo intérprete Davide Salvado e polo produtor Daniel Pardo logo do asasinato homófobo de Samuel Luiz en xullo de 2021, na Coruña, xa pode verse desde nas canles de Youtube e Facebook da Deputación da Coruña e na web seresentir.gal.

Dirixida por Adriana Romero, con produción e letra de Pardo, voz de Salvado e música de Ricardo Pons (guitarra), Marco Quaresma (guitarra portuguesa) e Cibrán Seixo (violín, viola e moog), a peza é outra das propostas e recursos de Liberdade de ser e sentir, a campaña online e offline que, por quinto ano seguido, a área de Igualdade provincial impulsa en colaboración con concellos e entidades da provincia para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Presentación do tema de homenaxe a Samuel Luiz

A letra do tema (Salvado e Seixo interpretaron no acto institucional que Igualdade da Deputación organizou o 28 de xuño, Día da Diversidade) é “un berro contra a LGTBQIfobia, as agresións e os asasinatos”, en palabras do seus autores.

O vídeo está gravado na Barbearia Veneza de Porto, de máis de 90 anos de antigüidade. “Creo que o feito de escoller unha barbería”, explica Daniel Pardo, “ten tamén moito que ver con falar dalgunha maneira do concepto de masculinidade e co desexo de mostrar outras masculinidades, outros xéneros, e a fluidez de xénero, que é o tema principal do do vídeo”.

Ademais do vídeo que se presenta este 7 de xullo, Liberade de ser e sentir volve apostar este ano, desde finais de xuño ata a segunda quincena de xullo, por ofrecer actividades para públicos de todas a idades, desde os obradoiros infantís, xogos de pistas para a mocidade e palestras para o adultos. Achega, ademais, “ferramentas e materiais para utilizar durante todo o ano e sumar miradas inclusivas para avanzar nunha sociedade máis tolerante e igualitaria”, explica a responsable de Igualdade da Deputación, María Muíño. A programación da campaña pode consultarse na web seresentir.gal.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...