Este venres comeza Mar Diverso de AMBAR

21 Xullo 2022

Este venres día 22 ás 22:30h a Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional dará
comezo a Mar Diverso o festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro de Ambar, na
Praza de Fefiñáns de Cambados.

Fran Sieira estivo traballando co grupo de artes escénicas de Ambar formado por Noelia
Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Paula Ramallo,
Montse Queiruga e Mercedes Ríos.

Xuntas estiveron preparando unha peza escénica que segundo palabras do artista “fala de mar,
de brisa, de praia, de traballo, de lecer. Todos eses sentimentos que para min neste caso me
esperta a nosa Costa Galega, que é marabillosa”.
A peza escénica que se presentará mañá ten como finalidade “transportar ó público a outro
lugar, momento, incluso a outros tempos. Facer desfrutar do noso Mar Diverso a través da
inspiración de danzas mariñeiras, de muiñeiras, maneos e xotas cheas de creatividade” Fran
Sieira.
Mar Diverso é un festival de artes escénicas e plásticas inclusivo que pon en valor o patrimonio
mariñeiro a través de accións artísticas de persoas con diversidade funcional dentro da
contorna costeira da Ría de Arousa, vinculando así creación, inclusión e territorio.
Esta iniciativa é posible grazas á financiación do GALP Ría de Arousa e contribúe á visión de
futuro da estratexia EDLP fomentando que toda a Ría de Arousa se vexa de maneira integrada
de cara á dinamización do territorio.
Cada unha das propostas artísticas estará vinculada ó patrimonio material e inmaterial da Ría
de Arousa, tanto na creación como na exhibición que terá lugar nos diferentes espazos
patrimoniais da comunidade.

Cronograma do Festival
XULLO do 22 ao 31
o Venres 22 ás 22:30H
Peza escénica dirixida por Fran Sieira na Praza Fefiñáns , Cambados
o Martes 26 ás 12:30H
Mural composto por Sokram no porto de Escarabote, Boiro
o Mércores 27 ás 12:30H
Obra plástica dirixida por Tere Ramallo no paseo Praia da Torre, Rianxo
o Xoves 28 ás 12:30H
Peza escultórica dirixida por Mar Ramón na Praia das Salinas, Illa de Arousa
o Venres 29 ás 22:30H
Peza escénica dirixida por Fran Sieira na Praza da Igrexa, Ribeira
o Domingo 31 ás 12:30 H
Peza escultórica dirixida por Ócar Aldonza no Mercado de Abastos, A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

No son los ojos, son las miradas”. Manuel Dominguez

Pensamos, pensé, en la belleza de los ojos, hasta que un día cerca de casa, una pared me decía, ¡No, no son los ojos, son las miradas! Pensando en ello, cuánta razón, no son los ojos son las miradas, podemos ver en la película Los puentes de Madison, interpretada por...