Dobre exposición no Museo do Gravado de Artes con obras dos profesores José Fuente e Antonio Navarro

09 Xullo 2022

O Museo do Gravado de Artes deu cabida na noite de ponte á inauguración de dúas novas
exposicións a cargo de José Fuentes e Antonio Navarro, catedrático e profesor titular na Facultade de Bellas Artes da Universidade de Salamanca: un acto no que estiveron presentes ambos creadores, así
como a comisaria Concepción Sáenz, o vicepresidente da Fundación Museo de Artes Javier Expósito e a primeira tenente de alcalde e concelleira de Cultura de Ribeira María Sampedro, ademais do director do museo Xoán Pastor Rodríguez.
Así, a mostra “José Fuentes 2006-2022” ocupa as salas salas 0 e 1 da instalación museística de Outeiro, en tanto que a proposta de Antonio Navarro A textura do silencio (obra en papel), na sala 2.
José Fuentes Esteve amosa no Museo do Gravado de Ribeira unha retrospectiva da súa obra gráfica que abrangue o período 2006-2022, e faino a través da exposición de vinte series, que se corresponden,
máis ou menos, coa metade das que leva realizado dende 2002, algunhas xa presentes en catálogos como José Fuentes. 2002-2020 (Salamanca, 2020) ou Metaversos (Valladolid, 2022). Este xeito de
traballar en series foi explicada polo propio artista como unha forma de desenvolver a súa obra a partir de tres premisas: unidade temática, unidade técnica e unidade temporal de execución, como as
clásicas unidades aristotélicas.
Respecto da proposta de Antonio Navarro, presenta no Museo do gravado unha escolma dos seus últimos traballos en obra gráfica baixo o título “A textura do silencio”, que aglutina algunhas das
contribucións nas que estivo traballando nos últimos anos. Iniciando o percorrido en torno ao proxecto Coordenadas do silencio realizado no patio do Museo de Évora, Portugal, que deu pé a un cartafol de
gravados realizados con fotopolímero, que recolle a esencia desta instalación que aínda pode ser visitada nese museo.

O acto de apertura congregou numeroso público que desafiaron as altas temperaturas vividas hoxe e non dubidaron en achegarse ata o lugar de Outeiro para estar presentes na inauguración: un evento que se pechou coa prodixiosa voz da soprano Esperanza Mara.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...