Cristina Pichel e Belén do Campo visitan na praia da Corna o campo de voluntariado de Amicos

13 Xullo 2022

As directoras xerais de Xuventude e de Patrimonio Natural, Cristina Pichel e Belén do Campo, estiveron este mércores 13 de xullo no piñeiral da praia da Corna coas persoas que participan no campo de voluntariado da Asociación Amicos, entidade a prol da integración da nosa comarca. Esta actividade, enmarcada na Campaña de Verán da Xunta de Galicia, desenvólvese principalmente na illa de Sálvora e na mesma participan 14 mozos de entre 18 e 30 anos.

O obxectivo deste campo de voluntariado é “difundir entre os participantes valores de coidado da natureza e, particularmente, dun ecosistema protexido como é o do Parque Nacional das Illas Atlánticas”. Durante esta experiencia, que comezou o pasado día 4 de xullo e rematará este venres, lévanse a cabo actividades como a construción e instalación de niños para distintas especies, a limpeza das praias ou traballos de conservación en xeral. Ao tempo, as persoas participantes desfrutan de momentos de lecer como os dedicados a xogos tradicionais ou caiac; e de excursións a Santiag ou aos castros da zona.

Na súa visita, Cristina Pichel puxo en valor o traballo voluntario como chave para “conservar e mellorar unha contorna tan importante e sensible como a da illa”.

Pola súa banda, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, agradeceu o convite de Amicos para coñecer o campo de voluntariado e as actividades previstas, subliñando “a fluída colaboración que mantén o seu departamento desde hai anos con esta asociación”. Así, referiuse ao labor medioambiental que, precisamente, os días 5 e 7 de xullo desenvolveu no Parque natural de Corrubedo, coa retirada de especies alóctonas (plantóns de pino e margarida africana) ao redor do centro de interpretación.

O campo de voluntariado de Amicos forma parte da campaña O verán que queres contar, que pon a disposición dos mozos de Galicia máis de 10.800 prazas, das que 475 son en actividades como a que se visitou este mércores 13.

Outros artigos

Barbanza Arousa recibe as primeiras adhesións ao SICTED

A Mancomunidade Barbanza Arousa, en consonancia coa súa estratexia de colaboración público-privada, continúa este ano coa implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, entre os axentes turísticos do territorio. Nesta ocasión, a primeira...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...