Convocadas nove prazas para traballar no Proxecto Nós de Intelixencia Artificial e lingua galega

12 Xullo 2022

Ao abeiro do Proxecto Nós, destinado a converter a lingua galega nun referente en Intelixencia Artificial, vanse ofertar nove postos de traballos a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha duración de 29,5 meses. Segundo informaron a Secretaría Xeral de Política Lingüística e máis a Universidade de Santiago, entidades co-impulsoras de Nós, o persoal terá a categoría de investigador e colaborador do Instituto da Lingua Galega e o cometido de desenvolver sistemas de síntese de voz e recoñecemento da fala, apoio na elaboración de memorias técnicas e apoio no deseño de experimentos e métricas de avaliación. A titulación requirida é o Grao en Enxeñaría Informática ou de Telecomunicacións. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 h do 15 de xullo de 2022.

Un proxecto revolucionario

O Proxecto Nós de Intelixencia Artificial ao servizo da lingua galega (impulsado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e as tres universidades da nosa terra para acadar máis presenza da lingua nas contornas TIC) acaba de entrar na súa segunda fase de desenvolvemento cunha inxección de máis de 600.000 euros. Os seus obxectivos consisten en situar o galego na vangarda das tecnoloxías lingüísticas. Ao seu abeiro desenvólvense os recursos e as ferramentas para o procesamento automático do galego e elabóranse demostradores que permitan mostrar as posibilidades dos recursos, facilitando a elaboración de aplicacións e creando un ecosistema galego innovador.

O Proxecto Nós é unha iniciativa estratéxica impulsada pola Xunta (a través da Secretaría Xeral) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela que chegará ás tres universidades galegas enmarcado na Estratexia Galega de Intelixencia Artificial e ao que se pretende dedicar un total de 15,5M€, “o maior investimento directo na promoción do galego en toda a historia”, sinalou recentemente o secretario xeral Valentín García, quen tamén lembrou que se trata dun proxecto cuxo período de materialización será de catro anos e que este mes de maio Nós “entrou na súa segunda fase de execución, na que se sacarán adiante seis dos oito subproxectos nos que se divide, centrados na síntese de voz, no recoñecemento da fala, na xeración automática de textos, nos sistemas de diálogo, na tradución automática e na corrección e avaliación lingüística”.

O obxectivo final polo que traballan os diferentes expertos do ámbito da lingua e da tecnoloxía é permitir á cidadanía galega interactuar con asistentes de voz, contar coa subtitulación automática de contidos audiovisuais, cun apoio ao diagnóstico médico, con servizos de teleasistencia avanzada e coa tramitación administrativa a través de asistentes virtuais, entre outras accións, na nosa lingua.

Outros artigos

O IVE da luz sobe do 10% ó 21 % a partir deste venres 1 de marzo

O IVE da luz subirá ao 21% en marzo polo esborralle de prezos.Os recibos da luz subirán a partir deste venres, 1 de marzo, cando o IVE (Imposto Valor Engadido) da factura da luz suba desde o 10% actual ata o 21%. Farao provocado polo esborralle dos prezos eléctricos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

“Rodar e rodar”. Carlos Moledo

Recordarán los lectores que hace apenas quince días Galicia estaba inmersa en unacaloradísimo debate socio-político planteado por múltiples formaciones políticas, algunas yacasi extintas a día de hoy, al menos hasta dentro de cuatro años. Dichos partidos políticos,...