Completadas as tres campañas sobre compostaxe doméstica na Pobra

08 Xullo 2022

Ao abeiro da terceira campaña do programa de autocompostaxe en vivendas unifamiliares, a
Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, da cal é titular é a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), organizou unha charla formativa dirixida ás dúas novas ducias de fogares participantes sobre o uso dos composteiros individuais dos que xa dispoñen. O coloquio desenvolveuse na tarde deste 8 de xullo, no teatro cine Elma, a cargo dun biólogo ambiental de Ventos Estudos Ambientais, quen asumirá o seguimento do proceso da compostaxe.
Esta terceira remesa estivo financiada cunha subvención de 13 630’63 euros da cal resultou beneficiaria a Administración local, enmarcada nas axudas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico na convocatoria de Residuos 2020 (PIMA e Pemar), que coas liñas de compostaxe pretende reduci-las emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) e mellorar na consecución do Plan estatal marco de xestión de residuos (Pemar).
Complétanse así as tres campañas co repartimento de 160 colectores. O obxectivo é fomenta-la sustentabilidade na xestión da materia orgánica na orixe, cuestión que redunda en beneficios medioambientais e económicos ao verse reducido o peso da fracción do resto depositada nos contedores
xenéricos e, polo tanto, a cantidade de lixo para tratar por parte de Sogama.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.