Colle corpo un paseo peonil e accesíbel para unir o río Breiro co núcleo de Boiro

12 Xullo 2022

O Concello de Boiro executa estes días a creación dun paseo que una o existente no río Breiro co núcleo da Boliña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron na mañá deste 12 de xullo o lugar onde se están a desenvolver os traballos devanditos.

Con esta actuación pretendese conectar o núcleo rural da Boliña co paseo do rio Breiro materializado en 2018 e poder facer un percorrido peonil accesíbel ata a praia de Barraña. Trátase dun paseo de 150 metros de lonxitude e 3 de ancho de chan de area-cemento que se completa cunha pasarela peonil de 30 metros de lonxitude de madeira e plástico reciclado para salvar o desnivel existente ata a estrada.

A obra, dun importe de 25.514,55 euros, forma parte dun proxecto para a reparación e mellora de beirarrúas e pavimentos que conta co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único (POS+).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.