A rapazada do Campamento Malamía participou nunha xornada sobre seguridade viaria e emerxencias

29 Xullo 2022

O Club deportivo Malamía de Boiro pechou esta semana o primeiro mes de campamento con actividades par as que contaron coa colaboración do Concello de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Deportes, Dores Torrado, estiveron este mércores 27 de xullo coa rapazada que participou nas actividades.

A rapazada do campamento puido desfrutar dunha xornada de seguridade viaria e emerxencias impartida por axentes da Policía Local de Boiro e realizaron un percorrido polo carril bici do municipio, un percorrido que rematou na praza de Galicia, onde os Bombeiros con base en Boiro puxeron o foco nas normas básicas de actuación en caso de emerxencia.

Ao final da xornada todos os participantes recibiron un diploma pola súa participación. Un día de curiosidade, admiración, alegría e seguridade, as catro emocións nas que se basea o campamento Malamía en CASA. Está previsto que no mes de agosto os nenos e nenas participantes realicen outra xornada para reforzar o aprendido.

Outros artigos

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.