A Pobra enxalza o seu vínculo co mundo mariño nunha nova edición da Semana do Mar

01 Xullo 2022

O mes de xullo estará marcado pola exaltación da relación da Pobra do Caramiñal co eido marítimo dende distintos ámbitos con motivo dunha nova convocatoria da Semana do Mar impulsada pola Concellaría do Turismo. Para tal fin, deseñouse unha amplo e atractivo programa integrado por diversas
actividades que foron presentadas pola concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), e a técnica municipal do Turismo, Sara Sánchez.
Esta axenda iniciarase no día 8 co mercado mariñeiro que se estenderá ata o 10. Instalarase nos Xardíns de Valle-Inclán e estará composto por unha trintena de postos de diversa índole.
A partir das 21.00 horas do día 10, o Cantón da Leña converterase nun particular escenario no que Eiradela representará Xentes do mar; un espectáculo que une o folclore galego coa narración dos oficios, tradición e costumes das persoas vinculadas ao mundo mariño de finais do século XIX e principios do XX.
Na xornada seguinte, 11 de xullo, porase o foco nun deporte con forte arraigo na vila: o remo. Visitaranse así as instalacións do Club de Remo Puebla. O punto de encontro será a oficina do turismo, situada no parque do Castelo, ás 11.15 horas.
O momento de experimentar o marisqueo a pé chegará no día 12 cunha xornada de turismo mariñeiro que se desenvolverá na praia dos Raposiños con saída establecida dende a oficina do turismo, ás 11.00
horas. Como viaxe ao pasado da salgadura, no día 13 será a quenda de achegarse á antiga fábrica da Laxe, en Cabío, xunto con José Manuel Vázquez Lijó, que dará comezo ás 20.30 horas.

O repaso pola historia manufactureira do municipio continuará no día 14 cunha andaina guiada polos Areos tamén a cargo de José Manuel Vázquez Lijó para descubrir o barrio industrial que alí se localizaba
antano. Partirase dende as proximidades da escultura da Pescantina, ás 20.30 horas.
E, como broche final, a Casa Mariñeira albergará no día 15 a inauguración da exposición A vila pobrense, as súas xentes e… o mar, ás 21.00 horas. A dita mostra poderá visitarse ata finais de mes no horario habitual da oficina e estará composta por instantáneas, tanto antigas coma contemporáneas, aportadas pola veciñanza.
As actividades están suxeitas a grupos limitados e, agás para o mercado mariñeiro e a estrea da exhibición fotográfica, requírese a inscrición previa. Habilítanse, polo tanto, distintas vías de contacto: telefonicamente no 687482835, 671090262 e 981843280, marcando a extensión 2035, de
luns a venres, en horario de 09.00 a 14.00 horas; ou de maneira presencial na propia oficina do turismo, de luns a sábado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...