A Horta do Muíño acolle este 9 de xullo a xeira de fin curso en Outes

08 Xullo 2022

Este sábado 9 de xullo celebrarase na Horta do Muíño (Outes) a xeira de fin de curso que estaba prevista para o 25 de xuño e que tivo que ser adiada a unha nova data por mor da chuvia. Será unha xornada festiva para toda a familia, cun xantar de campo e con actividades de maxia, música e teatro, entre outras propostas.

O programa inclúe un espectáculo do Mago Paco ás 12.30 horas e logo do xantar (previsto a partir das 14.00 horas), unha función da compañía Al Grano (presentando o seu espectáculo Kaldi, da man de Pistacatro, a partir das 17.00 horas) e un concerto con Pitusa Semifusa (Olga Brañas) a partir das 19.00 horas. A axenda complementarase cunha exposición didáctica de insectos a cargo de Mundobichos.es. Organiza o Concello de Outes.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...