Seso Durán presenta o 18 de xuño no Teatro Colón o seu disco “O son da memoria”

03 Xuño 2022

A Deputación da Coruña informou de que o seu departamento de Cultura retoma a programación m musical este 18 de xuño no Teatro Colón, onde Seso Durán presentará, ás 20 horas, o seu disco O son da memoria. O músico marinense estará acompañado, como artistas convidados, por Carmen Rey (voz), Ángeles Dorrio (voz), Javier Cedrón (violín), Antonio Domínguez (voz), Félix Cons (voz) e Suso Iglesias (acordeón); e pola súa banda, formada por Alex Carrero (baixo), Lucas Fernández e Irra Chouza (guitarras), Cibrán Rey (batería), Xabier Vieitez (teclados) e Sabela Cereijo e Sandra Lima (coros).

O son da memoria é un disco de rock folk escrito arredor do que aconteceu tras o golpe de xullo de 1936. Centrado nas vítimas, nos verdugos, nos lugares, no cable eléctrico que conecta pasado e presente, o disco aposta por recuperar a memoria ten un marcado acento de denuncia. A canción Príncipe azul, por exemplo, está baseada nun discurso en Radio Sevilla, no que o xeneral golpista Queipo de Llano anima os lexionarios e regulares a violar as milicianas republicanas. “O emprego da agresión sexual ás mulleres como arma de guerra é algo tristemente habitual nos conflitos bélicos”, explica Durán. “O feito de que un dirixente tan destacado o faga expreso publicamente non é só unha mostra de brutalidade, senón tamén a clara expresión dun sentimento de impunidade que o tempo non fixo máis que confirmar”.

A entrada é de balde e os convites xa se poden retirar na web do teatro.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...