Ribeira podería contar cun McDonald´s

26 Xuño 2022

McDonald’s pretende abrir un restaurante a partir do próximo Nadal en Ribeira, e no que se xerarían ao redor de 40 postos de traballo directos. Desde a compañía norteamericana en España, que preside Luís Quintiliano, así como o franquiador que estará detrás deste establecemento e que xa xestiona outros negocios similares en Galicia, gárdase un mutismo absoluto, e por parte do propietario dos terreos onde está proxectada a súa instalación, pero segundo informa Diario de Arousa hai unha solicitude de licenza no Concello ribeirense para ese negocio, así como outras informacións sobre os plans de McDonalds na capital do Barbanza.

Os terreos nos que se pretende levar a cabo a construción do restaurante esta cadea a sitúan nunha parcela da leira da Soledad, próxima á gasolineira de baixo custo que hai no lugar de lugar de Xarás, así como nun cruzamento de estradas, como o feito de estar ao final da Autovía do Barbanza e da estrada AC-550 (Cee-Ribeira), así como moi preto do polígono industrial de Xarás. A superficie que terá o edificio construído roldará os 300 metros cadrados, cun salón con capacidade para ao redor de medio centenar de persoas, e está previsto que tamén dispoña dunha terraza de dimensións considerables e un amplo aparcamento.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...