Recollidos 186 quilogramos de lixo na acción medioambiental desenvolvida na praia da Corna

07 Xuño 2022

O voluntariado ambiental convocado polo Concello da Pobra do Caramiñal esta fin de semana para efectuar unha limpeza na praia da Corna conseguir retirar 186 quilogramos de lixo. A actividade realizouse o domingo pola mañá, día 5, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. O equipo mobilizado apañou refugallos manualmente con materiais proporcionados polo Concello da Pobra do Caramiñal.

Esta limpeza de residuos foi posta en marcha para “concienciar sobre a importancia de preservar as contornas naturais e involucrar a veciñanza no coidado delas”. Dende as concellarías do Medio Ambiente e do Voluntariado, das cales son titulares a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra) e o edil José Andrés Lojo (Nós Pobra), respectivamente, trasladaron o seu agradecemento ás persoas que participaron na iniciativa.

A actividade formou parte da campaña pobrense Agora é o momento!, estruturado en distintos terreos do voluntariado: social, medioambiental, cultural e de benestar animal. Cómpre lembrar que todas aquelas persoas interesadas en achegar a súa colaboración poden contactar a través do teléfono 981832764 -opción 1-, do enderezo electrónico voluntariadopobradocaraminal@gmail.com ou por un escrito presentado no rexistro municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.