O veleiro “O Mascato” volverá a ofrecer viaxes pola ría con saída dende A Pobra

15 Xuño 2022

A Pobra do Caramiñal contará novamente con viaxes en veleiro o seu programa de actividades de lecer deseñadas para a tempada estival, unha confirmación que, en palabras do Concello, “afianza e certifica a aposta da Concellería de Turismo polo turismo náutico”. O protagonista desta axenda de travesías pola ría de Arousa será o veleiro O Mascato, ofrecendo ás persoas participantes “unha maneira diferente de coñecer o patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro”, segundo explicaron en rolda de prensa a edil de Turismo, Charo Varela (Nós Pobra) e a técnica municipal nesta área, Ángeles Tubío, e máis Fernando Redondo, en representación da empresa Arousa Náutica.

As saídas efectuaranse nos sábados e domingos dos vindeiros dous meses: días 16, 17, 23, 24, 30 e 31 de xullo; e 6, 7, 13, 14, 20 e 21 de agosto. A duración do traxecto é dunha hora e media e as travesías serán en quenda de mañá e de tarde: ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas.

O importe a pagar é de 15 euros para persoas adultas e de 10 euros para menores de 12 anos, con desconto para as familias.

A cabida está limitada a 10 prazas, que se deberán reservar previamente no punto de información turística -situado na Casa Mariñeira-, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.