O salón de plenos de Ribeira acolleu o emotivo pregón do día do Orgullo LGTBI por Mercedes Barreiro

28 Xuño 2022

O salón de plenos foi escenario do acto institucional de apertura por parte do Concello de Ribeira de programa conmemorativo do Orgullo LGTBI, que se celebra hoxe e inclúe unha serie de eventos que se prolongarán ao longo da presente semana.
Tras as palabras introdutorias da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ana Barreiro, e dos acordes á guitarra do estudante do Conservatorio de Música Borja Bretal, a artista, escritora e profesional da UAD en Ribeira Mercedes Barreiro foi a encargada de ofrecer o pregón inaugural: un momento cargado de emoción no que, dende a cadeira central da mesa presidencial que lle foi cedida polo alcalde Manuel Ruiz, manifestou que fai uns anos que decidiu non ocultar a súa homosexualidade e “sintiendo mucho vértigo en el estómago” elixiu viviu co corazón. Recoñeceu que foi un exercicio complicado con moitos factores en contra; viviu unha voráxine de sentimentos que lle levaría a escribir a súa primeira novela, o que lle resultou unha experiencia de vida da que aprendeu a respectarse a si mesma e a non renunciar a ser ela “aunque el precio sea alto”.
Mercedes Barreiro finalizou a súa intervención cunha poesía escrita por ela (“A quien tú quieras amar”) que forma parte dun libro no que está traballando e que está dedicado á súa compañeira e “amiga del
alma”, Bea.


Lectura de poesías
A continuación diversos representantes das asociacións congregadas nesta apertura, ademais da directora do CIM, Dolores Crujeiras, e da primeira tenente María Sampedro, leron unha serie de poemas ao fío da celebración de hoxe creadas por autores como Safo, Federico García Lorca, Gloria Fuertes, Sor Juana Inés de la Cruz ou Luis Cernuda
Finalizou o encontro o alcalde Manuel Ruiz, quen salientou a necesidade de seguir reivindicando “cousas ten sinxelas como é o respecto a que todo o mundo poida vivir a súa vida e a viva como realmente considera que a quere vivir”.

O programa conmemorativo continuará esta fin de semana cunha Holi Party o venres ás 19 horas no Paseo do Malecón (inclúe a actuación de Carlos Torres e Dani DJ) e o concerto da banda tributo Remember Queen o sábado a partir das 23.30 horas. Xardín LGTBI Ademais, a praza Heroína de Sálvora foi engalanada para a ocasión coa colocación dun xardíns coas cores da bandeira LGTBI.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Celebrando a  Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía de Castro”. Antía Pereira

“Celebrando a Rosalía e o seu día celebramos o que nos une, o que nos representa e o que nos move. Poucas figuras concitan ó seu redor a unanimidade que convoca Rosalía. E iso en boa medida porque ela soubo tocar as cordas, unha a unha, aínda que fose de distinto...