O Grupo Infantil de Teatro de Ribeira rende homenaxe a Daniel Gómez Ramil cunha función este venres no Auditorio

01 Xuño 2022

O Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira vai representar este venres 3 de xuño, no Auditorio Municipal, unha función que levará por título Que me vas contar, obra orixinal de Segundo Durán “Chiki” que foi presentada este primeiro de xuño en rolda de prensa pola concelleira de Cultura, María Sampedro, e o director do citado grupo, Óscar Romero.

A actividade, que forma parte da programación do Xuño da Cultura e as Artes (axenda que arranca este mércores 1 de xuño), suporá tamén a clausura da escola infantil municipal de teatro no presente curso, polo que ao remate da función os dezasete nenos e nenas que a integran tamén recibirán os seus agasallos e diplomas.

Maria Sampedro explicou que este mesmo acto servirá como homenaxe póstuma a Daniel Gómez Ramil, “un dos principais impulsores do teatro infantil escolar na nosa cidade e ao que recentemente tamén recoñecemos nomeando á Mostra de Teatro Infantil de Ribeira co seu nome”.

Segundo explicou Óscar Romero, co-director da función xunto co seu autor Chiki Durán, Que me vas contar pretende ser “unha reflexión sobre o mal uso da linguaxe nas redes sociais a través dun xuízo”. Tamén saudou o feito de poder levala a escena despois de dous anos de pandemia, agardando o momento de recuperar tamén a Mostra de Teatro Infantil.

A entrada será de balde ata encher aforo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.