O festival Sons da Vila vén este verán con 15 concertos a celebrar ente xullo e setembro

29 Xuño 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal e a produtora Silencio Roto presentaron este martes 29 de xuño as actividades previstas no nova edición do festival Sons da Vila, que vén este ano cun cartaz de 15 concertos a celebrar entre xullo e setembro. O certame, que ten o obxectivo de achegar visibilidade a grupos locais de diferentes estilos ao tempo que se dinamizan as contornas das terrazas dos establecementos hostaleiros, foi dado a coñecer polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e Ricardo Boo, en representación da produtora Silencio Roto.

O cartaz conta no mes de xullo coas actuacións de The Cuncas (día 7, praza de Maura); Os Liantes (día 8, O Castelo); Mad Martin Trío (día 10, praia da Illa); Adolfo FH (día 13, Xardíns de Valle-Inclán); Concierto Descaro (día 14, praza Victoriano García Martí); Rockolas (día 15, praza de Maura); Sabela King & The Hearthbreakers (día 20, paseo dos Areos); Boomërs (día 29, Xardíns de Valle-Inclán); e Human (día 31, Cantón da Leña).

A música proseguirá no mes de agosto ao ritmo de Mar Davila Trío (día 3, Xardíns de Valle-Inclán), Culpables (día 4, praza Victoriano García Martí); Caras B (día 5, praza de Maura); Leite con jalletas (día 11, rúa Rafael Calleja) e Os Bar Ban Sónicos (día 26, Xardíns de Valle-Inclán).

E o tributo a Metallica ofrecido por Stoned At Pompeii porá o broche final a este evento no mes de setembro (día 1, praza Paulino Santos), que servirá á súa vez como preparty do festival Entrebateas.

Estas sesións musicais arrancarán ás 21.00 horas, agás nas xornadas do 10 e 20 de xuño que será ás 20.00 e 13.00 horas, respectivamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.