Marta Ojea presenta na Pobra o seu debut literario, “Telegramas en cuarentena”

21 Xuño 2022

A escritora Marta Ojea presentou na Pobra o seu debut literario, Telegramas en cuarentena, unha obra que reflexa o día a día da autora durante o confinamento pola pandemia derivada da COVID-19; etapa que moitas persoas aproveitaron para facer introspección.

A obra presentouse na tarde deste 20 de xuño nun acto que se desenvolveu no Auditorio do Museo Valle-Inclán pobrense amenizado pola Escola de Música da Pobra e que contou coas intervencións, ademais da propia escritora, da concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e de Toño Maño, docente.

A edil destacou “a importancia que tivo o autocoñecemento”, cuestión que se aborda no libro, nunha experiencia compartida como foi a irrupción do coronavirus na vida das persoas; “momento no que moita xente se parou a reflexionar e mirar ao seu mundo interior, ademais de comezar a concederlle valor ás pequenas cousas cotiás”. Tamén felicitou á escritora pola súa estrea na literatura e fixo fincapé na necesidade de apoiar aos/as autores/autoras noveles.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...