Manuel Gago e Pepe Solla, protagonistas do capítulo de xuño de “Referentes T2”

17 Xuño 2022

O noso escritor, xornalista e profesor Manuel Gago (Palmeira, 1976) será un dos protagonistas de Referentes T2 no mes de xuño, o terceiro capítulo do programa de encontros de divulgación impulsado dende a Deputación da Coruña e presentado por Marga Pazos. Compartirá cadro (e conversa) co cociñeiro e músico Pepe Solla (Poio, 1966). O episodio poderá verse a través do perfil de Facebook e da canle de Youtube da área de Cultura da Deputación o venres 24 de xuño a partires das 12h.

Como abordan as súas respectivas carreiras profesionais, os inicios e os referentes, o traballo en equipo e, mesmo, a evolución da sociedade nas dúas últimas décadas centran unha conversa que ten como escenario Casa Solla. O cociñeiro Pepe Solla fai un percorrido pola súa traxectoria a cargo do restaurante familiar, explicando as dificultades que atopou cando asumiu a xerencia, ao tempo que analiza a evolución social nos últimos 20 anos a través do comportamento e os hábitos de consumo das persoas que acoden ao seu restaurante.

Pola súa banda, o xornalista Manuel Gago explica a súa relación coa comunicación e a investigación, a través dun universo de intereses particulares que abranguen un amplo abano temático que vai desde o patrimonio arqueolóxico ata a gastronomía. Tamén aborda o seu propio proceso creativo como escritor, particularmente referíndose ao seu último libro publicado.

Referentes T2 estreouse o pasado mes de abril coa conversa entre Margarita Ledo e Xabier Fortes, continuou en maio co episodio que protagonizan Melania Freire e Pepe Barro e, tras esta terceira entrega con Pepe Solla e Manuel Gago, continuará despois de verán con tres novas conversas que se emitirán nos meses de setembro, outubro e novembro.

Pepe Solla é cociñeiro, membro fundador do grupo Nove e músico. O seu restaurante, Casa Solla (de xestión familiar e cuxa xerencia asumiu en 2001) ten de xeito ininterrompido unha Estrela Michelín desde o ano 1980, situándose entre os oito restaurantes máis antigos do Estado e no decano de Galiza na Guía Michelín. Tamén conta con tres Soles Repsol e o propio Pepe Solla recibiu numerosos recoñecementos ao seu traballo como cociñeiro. Compaxina a súa actividade en Casa Solla coa xestión doutros establecementos de restauración e con cursos, clases maxistrais, showcookings en certames sectoriais, e coa presentación de programas gastronómicos en Canal Cocina.

Manuel Gago é investigador, docente universitario, comunicador e escritor. É docente na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC, e mantén en activo Capítulo 0, considerado o blog en activo máis vello do Blogomillo. É director do portal do Consello da Cultura Galega culturagalega.org e ten participado en diversos proxectos expositivos e en proxectos de escavacións arqueolóxicas. Como escritor ten publicadas cinco obras de narrativa e tres de ensaio. A súa última novela titúlase Nus e foi editada por Xerais en 2021.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...