Máis de 200 persoas pedalearon na Pobra polo Día da Bici

13 Xuño 2022

A calor non foi un impedimento para que un total de 225 persoas participasen no Día da Bici
que se festexou na Pobra do Caramiñal no 12 de xuño como unha maneira de coñece-la vila dunha maneira lúdica, non competitiva e aberta a todo o mundo.
Esta cita organizada pola Concellaría dos Deportes, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), tamén tivo unha vertente solidaria mediante a achega dun quilogramo de alimentos non perecedoiros no
momento da inscrición.
A saída efectuouse da praza Alcalde Segundo Durán con dous percorridos: un de aproximadamente 12’4 quilómetros que discorreu polo centro e rural, cunha parada de avituallamento en Cabío; e outro destinado para as crianzas menores de 8 anos para completar unha distancia de 1’5 quilómetros polo núcleo urbano.
Para os/as nenos/as tamén se habilitou unha xincana e xogos.
A xornada culminou co sorteo dunha bicicleta, ademais doutros agasallos cedidos por entidades colaboradoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.