Licitadas as obras de mellora da eficiencia enerxética no centro sociocomunitario da Pobra do Caramiñal

19 Xuño 2022

 Xunta de Galicia vén de licitar traballos de mellora no centro sociocomunitario da Pobra do Caramiñal por un montante de 306.000 euros. Esta actuación enmárcase no plan de obras da Consellería de Política Social e Xuventude para o aumento da eficiencia enerxética dos centros de servizos sociais de titularidade autonómica.

A intervención prevista centrarase en elementos da fachada do inmoble e, basicamente, consistirá na substitución das carpinterías exteriores por outras máis modernas de aluminio dotadas de rotura de ponte térmica e vidros dobres con control solar. Tamén se modificarán as luminarias do inmoble e se reforzará o cadro eléctrico.

As empresas interesadas en facerse con este contrato teñen ata o vindeiro día 6 de xullo para presentar as súas ofertas. O prazo previsto de execución dos traballos é de dous meses desde o inicio dos mesmos.

Con estas actuacións, o centro sociocomunitario da Pobra incrementará as súas condicións de illamento, xa que se reducirá tanto o risco de aparición de humidades como de condensacións. Isto contribuirá a mellorar a comodidade e o benestar das persoas residentes e do persoal que atende este servizo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.