Grupos de Ribeira, El Escorial e Vilagarcía participarán no V Festival Nacional Tahume entre Folclores

A quinta edición do Festival Nacional de Folclore Tahume entre Folclores vaise celebrar este sábado 25 no marco do Xuño da Cultura e as Artes. Para debullar a súa programación compareceron na mañá deste luns 20 de xuño, na Casa Consistorial, a concelleira María Sampedro e o profesor Alberto Millán en representación do Grupo Tahume, organizador do evento.

A cita arrancará ás nove e media da noite na praza do Concello. Actuarán a Asociación Cultural Nós de Sobradelo, de Vilagarcía de Arousa, o Grupo folclórico Los Cachipés de El Escorial (Madrid) e como anfitrión o Grupo Tahume.

Estímase a duración do espectáculo nunha hora aproximadamente, sendo o seu acceso libre e gratuíto (haberá cadeiras dispostas para gozar das actuacións).

Alberto Millán explicou que despois de dous anos de pandemia tiñan moitas gañas de volver a retomar esta iniciativa e convidou aos veciños a acudir á mesma, desexo ao que se sumou tamén María Sampedro para poder desfrutar da música e o baile tradicional.