Comezan este domingo as rutas en catamarán dende A Pobra cunha viaxe ás Cíes

14 Xuño 2022

As rutas en catamarán con saída dende A Pobra do Caramiñal para a tempada de verán deste 2022 comezan oficialmente este domingo 19 de xuño cunha viaxe ás illas Cíes. O importe é de 30 euros para persoas adultas e nos 15 euros para nenos e nenas ata 12 anos. Inclúe o desprazamento e a ruta guiada.

Esta travesía enmárcase na oferta de turismo náutico que impulsa a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), para a época estival xunto coa empresa Piratas de Nabia. Trátase dun programa composto por un total de sete excursións ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas e unha saída para coñecer a Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla.

A vindeira singradura será no día 25 para dirixirse a Sálvora, na coñecida como ruta Starlight. Xa no mes de xullo celebrarase unha excursión a Ons, no día 10, e regresarase a Sálvora, no día 17. Ademais, navegarase pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, no Día de Galicia, 25 de xullo.

As viaxes proseguirán no mes de agosto coa volta a Ons e Sálvora, nos días 14 e 28 respectivamente. E, finalmente, concluirán no 11 de setembro co retorno ás Cíes.

Para todas elas, as reservas débense formalizar con antelación a través de www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Habilítanse tamén tres canles para a resolución de dúbidas: www.apobra.gal/turismo, 671090262 e 687482835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.