Ambiente festivo e sorteos no primeiro evento corporativo de CONGALSA trala pandemia

04 Xuño 2022
262 traballadores da empresa participaron nunha xornada de lecer promovida pola
empresa dentro do Proxecto Persoas

Gran parte do persoal de CONGALSA participou este sábado nunha xornada de confraternización impulsada pola compañía dentro do Proxecto Persoas: unha iniciativa corporativa no marco da cal promóvense diferentes accións destinadas a fortalecer lazos entre o persoal da empresa implicando aos diferentes equipos de traballo nos eventos e a xerar un clima laboral óptimo.
Os participantes na xornada gozaron dun paseo en catamarán pola ría saíndo desde o porto da Pobra e logo asistiron a unha comida no restaurante A Baiuca de Ribeira.

O evento contou coa amenización musical a cargo do grupo Thais Suki

Música de Thais Suki
A xornada, a primeira destas características que a empresa promove tras a pandemia, contou cunha ampla participación e cun marcado carácter lúdico e festivo que se prolongou ao longo de todo o día. O evento foi amenizado musicalmente polo grupo Thais Suki. Ao longo da xornada, ademais, repartíronse
diferentes premios en diversos sorteos efectuados entre o persoal da empresa.
Habitualmente, a compañía congrega ao seu persoal nun encontro anual que adoita celebrarse en febreiro para expoñer resultados e resaltar os obxectivos para o ano en curso, pero debido á pandemia esta reunión foi cancelada en 2021 e en 2022. Do mesmo xeito que tampouco se puido celebrar nos últimos dous anos a tradicional cea de Nadal da compañía.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.