Alumnado do IES Leliadoura somérxese no mundo do marisqueo na Pobra

13 Xuño 2022

O litoral da Pobra acolleu este luns 13 de xuño un obradoiro de marisqueo no que participaron corenta alumnas e alumnos de primeiro da ESO do IES Leliadoura de Ribeira. A actividade abeirouse ao programa de visitas formativas e divulgativas organizadas dende o Concello e a disposición de centros educativos de toda Galicia.

A estadía na Pobra do Caramiñal dos estudantes de Ribeira tivo como punto de partida o auditorio do Museo Valle-Inclán, onde unha das técnicas do Turismo do Concello ofreceulles unha explicación do cometido da actividade e onde asistiron á proxección dun vídeo que amosa a cadea pola que pasan os recursos marisqueiros. Trala entrega dos receitarios que aglutinan as elaboracións que se fan con bivalvos nos establecementos hostaleiros da localidade, desprazáronse ata a praia dos Areos para coñecer in situ o proceso extractivo da man das mariscadoras.

Mediante estas visitas-experiencia, a Concellaría do Turismo que dirixe Charo Varela (Nós Pobra), coa colaboración da Asociación Mar da Pobra, busca achegar ás xeracións máis novas o oficio das mariscadoras e fomentar entre elas o respecto polo mar, polo traballo neste eido e polo medio natural, ao tempo que se contribúe con esta acción á desestacionalización da demanda turística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.