Adíase a viaxe en catamarán ás Cíes con saída dende A Pobra polo aviso de mal tempo

16 Xuño 2022

A mala previsión meteorolóxica para o 19 de xuño motivou que se tomase a decisión de adiar a viaxe a Cíes que ía constituír o inicio das rutas en catamarán con saída dende A Pobra do Caramiñal para a actual tempada estival. A nova data elixida é a xornada do 26, ao día seguinte da visita Starlight a Sálvora, no 25 de xuño.

Xa no mes de xullo celebrarase a excursión a Ons, no día 10, e regresarase a Sálvora, no día 17. Ademais, navegarase pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e río Ulla, no Día de Galicia, 25 de xullo.

As viaxes proseguirán no mes de agosto coa volta a Ons e Sálvora, nos días 14 e 28 respectivamente. E, finalmente, concluirán no 11 de setembro co retorno ás Cíes.

Todas estas travesías adscríbense á oferta de turismo náutico que impulsa a Concellaría do Turismo, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa empresa Piratas de Nabia.

As reservas débense formalizar con antelación a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Habilítanse tamén tres canles para a resolución de dúbidas: www.apobra.gal/turismo, 671090262 e 687482835. A empresa xestionará directamente a tramitación das autorizacións de entrada ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.