A Xunta asina con Porto do Son, Ribeira e Muros os convenios que permiten ampliar as zonas habilitadas á pesca recreativa nos seus peiraos

30 Xuño 2022
A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, asina cos alcaldes de Porto do Son, Ribeira, Muros e Cervo un convenio de colaboración para o control da pesca recreativa en superficie nas novas zonas habilitadas a esta práctica nos portos destes concellos.

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, asinou hoxe cos alcaldes de Cervo, Malpica, Muros, Porto do Son e Ribeira os convenios de colaboración para o control da pesca recreativa nos seus peiraos
que permiten ampliar os horarios e zonas autorizadas para esta práctica nos portos dos cinco concellos.
Deste xeito formalízase o compromiso de abrir máis zonas á actividade mediante a colaboración institucional e minimizando riscos ao igual que se fai noutras actividades de ocio efectuadas nos portos. Os acordos permiten establecer un control e vixilancia por parte dos Gobernos locais dunha actividade vinculada unicamente co lecer dos veciños e allea por completo á operativa portuaria.
O ente público salienta que esta fórmula é a máis axeitada para ampliar as zonas e minimizar os riscos -tanto dos afeccionados como dos profesionais dos portos- e anima ao resto de concellos do litoral a sumarse a esta posibilidade para poder avanzar na autorización da pesca de lecer coas maiores garantías para os pescadores e a actividade portuaria. De feito, lembra que os concellos apoiaron activamente ampliar zonas, polo que teñen nesta vía unha opción para obter resposta ás súas demandas.
Portos de Galicia incide ademais en que a normativa que regula esta práctica é viva e considera factible abrir novas áreas para a práctica da pesca recreativa en superficie en máis dunha vintena de portos de titularidade autonómica se existe colaboración cos concellos para o auxilio e control da actividade. Os convenios asinados hoxe permiten facelo en San Cibrao, Aguiño, Corrubedo, Palmeira, Malpica, Muros, Portosín e Porto do Son, aos que se poderían sumar -en caso de recibir o apoio dos Gobernos locais
correspondentes- A Pobra do Caramiñal, Bueu, Burela, Cabo de Cruz, Caión, Camariñas, Camelle, Cariño, Castiñeiras, Escarabote, Moaña, O Xufre, Rianxo, Ribadeo, Sada, Santa Cristina, Tragove e Viveiro.
O ente público avanza así na regulación aprobada o pasado verán e que permitiu levantar total ou parcialmente a prohibición da práctica da pesca recreativa en superficie que rexía desde os anos 70 en todos os portos. A finalidade é dar garantías aos pescadores recreativos regularizando a actividade e por iso nos últimos meses se introduciron melloras como a ampliación de zonas e horarios así como outras de carácter xeral.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.