A primeira Feira Náutica do Freixo inclúe no seu programa saídas en kayak de balde para coñecer a costa de Outes

13 Xuño 2022

O Freixo (Serra de Outes) vai dar acollida este verán a un relevante acontecemento relacionado co mar: a primeira Feira Náutica do Freixo, organizada dende o Concello. Serán dous días de actividades, entre o 1 de xullo e o 3 de xullo, a desenvolver no Centro Náutico da dita vila mariñeira. O programa, entre outras cousas que se irán desvelando estes días, incluirá unha feira sectorial, unha convocatoria de bolsas de empregos, unha mostra de embarcacións tradicionais, travesías marítimas (por exemplo saídas en kayak de balde que permitirán ás persoas participantes navegar até as proximidades da praia de Broña, Tavilo, O Albán e mesmo até a illa da Creba), roteiros divulgativos, demostracións, degustacións e obradoiros de gastronomía, amais de música e “infinidade de actividades a carón do mar”.

As inscricións poden facerse online a partir do luns 27 de xuño.

Outros artigos

A RAGC e a UIE distinguen a Rubén Lado, investigador de Outes

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) acaban de resolver a segunda edición dos Premios RAGC-UIE para investigadoras e investigadores novas/os. Estes galardóns teñen como obxectivo impulsar a investigación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...